Un crego enterrado baixo o altar da ermida da Guía

O noso colaborador e investigador da historia da nosa parroquia, Avelino Quirós, tráenos hoxe un achado que non deixa de sorprendernos e de picar na nosa curiosidade.
Está demostrado que debaixo do altar da ermida da Guía xacen os restos de Francisco Maceira Nogueira o primeiro crego que daba misas diarias na capela e que á súa morte foi enterrado nela.
Facendo un pouco de historia sabemos que a primeira referencia histórica que temos da capela da Guía dato do ano 1600, así o fai constar o escriba vigués Antonio Prieto Araújo, no seu testamento.
Con estes datos e outras informacións pódese aproximar como data da aparición desta Capela no ano 1530.
Máis adiante no ano 1885 José Ortega Munilla escribe nun artigo publicado no Faro de Vigo, unhas fermosas liñas nas que se recolle perfectamente a ligazón que existía entre o mar e a relixiosidade: “La ermita está en lo mas alto. Es pequeña, baja de techo, blanqueado por dentro y por dentro. Sostiénela la devoción de los marinos, que llena de exvotos el reducido santuario. Vense allí suspendidos de la techumbre navíos de corcho, barcas minúsculas, cuadros, ataúdes, trenzas de pelo y otras varias ofrendas. Cuando las mujeres de los pescadores veían que no retornaban la barquillo de sus maridos, iban a la ermita a mudar de sitio una de las tejas, y con esto y una oración era probado que mudaba el viento y se restituía a la tribulada familia el efe de ella, con buen cargamento de sardinas.” En febreiro de 1952 unha comisión de veciños presidida por Olegario Collazo, ante o abandono da vella capela solicita permiso para construír unha nova ermida que sería financiada por subscrición popular, contando coa oportunidade do aproveitamento dunha canteira próxima, encargando o proxecto ao arquitecto Manuel Gómez Román.
A obras dan comezo en xullo de 1952, coa explanación do terreo tendo que chegar nalgúns puntos para rebaixar ata dous metros para poder lograr un amplo plano, sen derrubar a vella ermida que será utilizada para gardar as ferramentas da obra, tendo como contratista a Modesto Martiños Silva.
E aquí, durante a construción deste novo templo é cando aparecen os restos deste crego, que diariamente oficiaba as misas na antiga capela.
O xornal El Pueblo Ga-
llego faise eco e de seguido un reporteiro chamado José Ramón aparece no lugar e entrevista a un dos obreiros, concretamente a José Miranda Ferreira.
“Al levantar las lasas del piso central de la capilla, había restos de un ataúd y este esqueleto que según dijo un señor, arqueólogo, al parecer pertencían a un hombre de más de setenta años.”
O presidente da comisión D. Olegario Collazo aconsella ao reporteiro que visite a vella casa coñecida como “lugar do crego” o que viría sendo hoxe a residencia sacerdotal daquela. Nesa casa vivían os cregos que dicían misa diaria na Capela. Por aquel entón habitaba esa casa unha inquilina cunha gran memoria, Angela lago Castro; esta veciña contoulle naquel momento todo sobre o propietario e como se chegaron a decatar da identidade do crego que se atopaba alí soterrado.
“El dueño de todo esto es actualmente don Manuel Nogueira, que vive en Andalucía y veranea en Sabaris. Cuando estuvo aquí hace unos días, enterrado del hallazgo de ese esqueleto, dijo que según documentos que tiene, pertencieron a un ascendiente de su tatarabuelo. Que era el sacerdote fundador de la capilla, hace 773 años, convertida en templo después de haber sido utilizado como faro-guía.
Su nombre era Francisco Maceira Nogueira, que fue enterrado en el centro de la capilla con los pies hacia el altar.” Ata o excronista oficial da cidade e membro da Real Academia Galega D. Avelino Rodríguez Elias facíase eco do achado no mesmo diario, e falaba sobre a familia procedente da Lama: “e propietaria do terreo e a capela na cal había de haber sempre un sacerdote que dixese misa diaria, sendo fundada por don Francisco Maceira Nogueira, que ao morrer foi sepultado na mesma ermida. A el pertencían os restos mortais que últimamente ao levantar o pavimento da mesma, foron atopados alí.”
Por aí tamén sabemos que eses restos seguen soterrados na ermida; xa que os ósos achados polo obreiro José Miranda Ferreira foron soterrados na nova construción: “Y que por disposición del señor Obispo de la Diócesis de Tuy, Dr. López Ortiz serán vueltos a sepultar donde siempre estuvieron, pero debajo del altar.
De la nueva capilla que se está a construir, para su eterno descanso.”
Pois aquí temos un anaco máis da nosa historia, un máis do que fomos como
barrio, un pasado que sabelo e entendelo vainos facer construír un mellor futuro.
Grazas a Avelino Quiros e as fontes nas que temos consultado.
Fontes Impresas:
– El Pueblo Gallego
– Bibliografía.
– Álvarez Blázquez, J.M. La Ciudad y los Días, (Calendario Histórico de Vigo), Ediciones Monterrey, 1960.
– González Fernández, J.M.
Teis Memoria dunha Parroquia do Litoral (Vigo/ Lavadores). Vigo ,Asociación Veciñal de Teis, 2003.