Acontecementos que fixeron historia no noso barrio: afundimento do hidroavión “Dornier 14” en 1929 (II)
No anterior número de Aquí Teis e dentro dos relatos e historias do noso colaborador Avelino Quirós, nos faciamos eco dunha historia moi curiosa que aconteceu co afundimento do hidroavión “Dornier 14” en Rios. Aquí, e continuando co relato, traemos hoxe a continuación da historia con dous nenos como protagonistas dun fito que foi histórico e que moitos non coñecen. Moitos veciños dos arredores da Base Naval de Ríos congregáronse para ver o despegue do hidroavión por ser un acontecemento novo para aqueles tempos, sen ser conscientes de que se converterían en testemuñas do desgraciado accidente e afundimento do hidroavión. Entre eles estaban dous pequenos de Ríos. Luís Puga González de 13 anos e Enrique Lago Rosendo de 9 anos, que a bordo dunha gamela querían seguir de preto o despegue desde a dársena de Ríos. Cando se produciu a explosión o primeiro que fixeron foi remar con todas as súas forzas para auxiliar á tripulación. Cuando estuvieron cerca de los aviadores que nadaban, el mas próximo les dijo que en el hidroavión había quedado otro que corría mayor peligro, que fueran a recogerlo: que en efecto, los valerosos muchachos se aproximaron al aparato que estaba ya, como queda dicho, invadido por las llamas, y sin reparar su propio riesgo, se metieron debajo de las alas con la embarcación y pudo así transbordar a este citado aviador que era un oficial. Ese oficial era o tenente Romero que non sabía nadar, e que foi salvado dunha morte horrible. Meses mais tarde os pequenos fan publica á prensa a carta que lles enviara o propio tenente Romero, en agradecemento pola súa acción e solicitando ás autoridades que se lles recoñeza a súa heroísmo e valentía, polo que os recomendara para que fosen recompensados. Por esta xesta a Sociedade Española de Salvamento de Náufragos, concédelles unha condecoración e oitenta pesetas de gratificación. O comandante da Base Naval, o Capitán de Navío Camilo Molins y Carreiras, organiza un acto para a entrega de diplomas, medallas e gratificación nun dos salóns, xa que o mal tempo impedira que o acto se celebrase ao aire libre. Moitas foron as autoridades militares e civís que quixeron estar presentes ese día, así como as familias dos nenos, entre os invitados atopábase o alcalde de Lavadores, José González Lorenzo, e catro dos seus concelleiros, quen se congratulou de que que os nenos condecorados pertencesen ao Concello de Lavadores, felicitándoos a eles e aos seus pais e entregándolles cen pesetas a cada un, para premiar a súa fazaña. Nese mesmo acto tamén se fai entrega a militares da Base Naval que participaron no salvamento da tripulación saíndo en chalanas provistos dun aparello para apagar os lumes, pero en vista do incremento que tomara este non o chegaron a utilizar. Polo que tamén o Consello Superior acorda outorgar un expresivo voto de grazas ao contramaestre Manuel López Cabezón, cabo de fogoneros Rafael Fernández Guzmán e ao mariñeiro Francisco Chapela Ríos. O final do acto o comandante da Base Naval e a súa esposa obsequiaron aos presentes cun aperitivo.

