Un ano máis os nosos centros educativos se poñen en marcha, aquí en Teis. Para este xornal o mundo educativo do noso barrio sempre tivo cabida e sempre a terá. Quixemos achegarnos ao alumnado para ver como fora a volta as aulas. Como xa recollemos no noso editorial, nalgúns casos estanse a denunciar carencias, tanto en canto ao número de profesores como na atención a aquel alumnado con necesidades especias, pero a parte do contido político ou estrutural, velaquí algunhas testemuñas dalgunhas alumnas e alumnos que se achegan ao noso xornal para contarnos a súa experiencia neste inicio do novo curso. Achegámonos a tres centros educativos do noso barrio. O colexio San José de la Guía, o colexio Vicente Risco e ao colexio Possumus.
Blanca Esther e Mara
San José de la Guía
Dúas rapazas de primaria, concretamente de 4o e 5o curso respectivamente. Blanca nos comentou: “O que máis me gusta da volta ao cole é que no patio hai un montón de cousas para xogar. Os meus compañeiros pórtanse moi ben comigo e me caen moi ben. Os novos libros son moi chulos e aprendemos moito con eles”. Mara tamén ía na mesma liña que Blanca e moi amablemente nos relatou a súa volta ao cole. “Gústame moito volver a ver aos meus compañeiros e compañeiras. Tamén aos meus profesores. Os primeiros días está sendo todo moi ben e de momento todo moi fácil. No recreo pasámolo moi ben e sobre todo este ano xa que puxeron moitos xogos novos”.
Joao Pedro e Kseniia Korzh (Ksuxa)
Vicente Risco
O centro público Vicente Risco ven caracterizándose polo seu gran labor de integración; xa en números anteriores falamos desa grande iniciativa que ten configurado a súa orquestra, “Son Das Flores”, na que integran a un bo número de alumnado que ven doutros países facendo unha verdadeira metodoloxía de integración e inclusión.
Joao nos dicía que estaba moi contento no cole, cos seus compañeiros e que precisamente era a orquestra o que máis lle gustaba. Este alumno é do Brasil, gústalle moito a Educación Física e como el mesmo di as outras cousas.
Ksuxa é unha nena que, ao igual que Joao, cursa en 3o de Primaria. O caso de Ksuxa é moi significativo. Esta nena chega ao noso país desde Ucraína hai un ano. Sorprende o ben que nos fala xa en castelá, e ademais nos conta que este verán estivo visitando ao seu pai alí en Ucraína.
“O que máis me gusta
tamén é a orquestra de Son das Flores. Tamén me gustan moito as matemáticas.
Daniela, Emelyn e Noa
Possumus
Alumnas no colexio Possumus de 4o da ESO. As tres coinciden en que “o mellor de vir ao colexio é ver ao compañeiros”.
Daniela afirma que lle gusta moito falar nos recreos e poñerse ao día nos chismes.
Noa e a propia Daniela admiten tamén que “o peor de volver ao colexio é madrugar, e estar sentada tantas horas -recálcanos Daniela-.
Emelyn tamén esta de acordo con Daniela no das horas, pero engade “o peor é que a volta ao cole tamén significa o fin do verán”.
Grazas aos nosos coles
Que fermoso é saber que os nosos coles do barrio desbordan en canta a acollida e en canto a liña educativa da integración e da inclusión. Estes tres centros son bo exemplo disto, e felicitamos desde aquí a todos os profesionais do San José de la Guía, do Possumus e do Vicente Risco por este gran labor.
Moitas grazas tamén a estas rapazas e a este rapaz que nos quixeron mostrar as súas testemuñas sobre a volta ao cole.

