As abellas son imprescindibles no noso entorno, son animais pacíficos que só atacan cando se sinten ameazados deixando a súa vida nelo. As abellas teñen moitos enemigos naturais dos que teñen que protexerse, é polo que constrúen colmeas en cavidades que proporcionan refuxio como pode ser o oco dunha árbore, covas ou as que lle fabrica o ser humano, onde lle proporciona a súa estancia para que a producción de mel sexa a idónea e á súa vez controladas. Se obsevamos a entrada dunha colmea, veremos a unas abellas denominadas gardianas que están preparadas cos seus aguillóns para facer fronte a calqueira intruso que se achegue e cuxo olor non recoñezan. Se chegara a ser un extraño e o seu olor non é recoñecido, será atacado ferozmente. As abellas que pican morren porque o aguillón queda cravado no corpo da víctima, máis a súa morte non é en balde, posto que con esa acción protexe ás demais. Estes pequenos insectos son moi importantes para a vida do ser humano, sen eles o 60% das froitas e verduras desaparecerían ao non ser polinizadas. De todos os alimentos do mundo as abellas polinizan máis do 84%. Engadir tamén que existen outros medios de polinización como a anemófila (polo vento), hidrófila (pola auga) e animal, onde destaca a entomófila (por insectos). Nos últimos anos ten aparecido un novo enemigo para as abellas europeas, a avespa asiática, unha voraz especie invasora que entrou en Europa por Francia viaxando de polizón nunhas pezas de cerámica para xardineiría importadas dende China no 2004. A súa expansión foi moi rápida por case todo o continente europeo. Cada avespa é capaz de acabar coa vida de 25-50 abellas ao día, principalmente as de mel, xa que estas non están preparadas para defenderse desta avespa invasora e ao verse ameazadas non saen a recoller polen e néctar, a raíña deixa de por ovos e a colonia pode chegar a desaparecer. Chegaron desde China e ameazan o ecosistema. A súa picadura pode ser letal A chegada da avespa asiática veu agravar o exterminio das abellas que xa comezara nos anos noventa e cuxas causas máis probables sexan as accións do home sobre a natureza, como o uso de pesticidas tóxicos para elas, os monocultivos e o uso de herbicidas que reducen a diversidade da flora necesaria para que as abellas teñan unha alimentación sa, os incendios, tamén o cambio climático tan de actualidade nestes últimos anos polos acordos na Convención Marco das Nacións Unidas, que establece as medidas para a reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro, estando vixente no Acordo de París. A abella está sufrindo moito e como ocorre na maioría dos casos, o ser humano trata de solucionar os problemas tarde, cando xa non hai remedio e entón laméntase, porque estos pequenos insectos son moito máis importantes do que se pensa xa que, cada ano as abellas encárganse de polinizar prantas e cultivos agrícolas e a través delo, nós aproveitámonos dos productos directos que fabrican como o mel, polen, xalea real, cera, propóleos, etc. A avespa asiática é unha especie invasiva e debemos extremar os coidados. Distínguese perfectamente porque é de maior tamano que a autóctona e non menos importante. A maior parte da poboación é alerxica ás avespas e non o sabe. O risco para a saúde é o mesmo tanto para a avespa velutina como para a abella autóctona. Hai casos de mortes de persoas que estaban traballando nas súas fincas, xardíns de casas ou no monte, que sufriron un ataque inesperado. Se frecuentamos lugares onde poda aparecer avespa asiática, e dubidamos se somos alérxicos ou non, ou se nunha picadura temos unha reacción alérxica, debemos acodir ao médico e comentarlle a posibilidade de realizar un estudo alergolóxico. As persas que saben que son alérxicas, por prescripción médica, xa levan consigo o antídoto para inocularse. Para librarse das posibles picaduras desta avespa, hai que comezar por evitar que constrúan os seus nidos. Co comezo da floración é aconsellable ir colocando trampas para capturalas. Esta avespa está presente en toda a comunidade, especialmente en zonas costeiras. Existen trampas de tipo comercial en establecementos adicados á venda de produtos do campo, ferreterías… máis outras son de fabricación caseira e bastante efectivas e doadas de construir. A partir dunha botella de plástico de 1,5 litos, as habituais de refresco -debe ser transparente- ao tapón practícanselle dous buratos de 9 mm, que permita a entrada da avespa asiática. A media altura, realízanse outros buratos de 5 mm, por se entran outros insectos máis pequenos poidan sair e non queden na trampa por erro. Na mesma botella, na metade aproximadamente, fanse dous buratos, do diámetro da boca de dúas botellas pequenas que se colocarán a xeito de orellas e, finalmente, colocar un tellado, para que a auga da chuvia non afecte á súa función. Deste xeito tamén contribuimos co medio ambiente reciclando estes materiais. O cebo que lle poremos para atraelas pode ser moi variado, a clave está en que sexa atrínte, doce para este insecto, aínda que virán outros tamén. Por exemplo, unha mixtura de cervexa-viño e concentrado de zumo. Outra fórmula é cervexa negra, viño branco e mel. Tamén se pode depositar restos de froitas moi maduras e en fase de fermentación, en definitiva, productos que a atraian. As trampas son esenciais para os labores de prevención. Teñen o obxectivo de atrapar ás raíñas da velutina durante a primavera mentres as avespas constrúen os seus primeiros nidos As trampas deben colocarse, máis ou menos, á altura de 1,5 metros e en zoas que haxa árbores en flor. A avespa asiática constrúe os seus niños a comezo de outono, teñen forma de globo e soen estar en zonas altas, pero tamén o poden facer no chan, co conseguinte perigo se se está a pasear ou desbrozando unha finca, cortando maleza ou cortando leña, cunha máquina ou a man incluso. Unha prevención a xeito de primeiros auxilios é levar un insecticida que, alomenos en primeira instancia e en caso de ataque, crea unha nube protectora que axuda a fuxir. Moito coidado, o perigo está aí.

