As plantas e flores do xardín: árbore do té

É fácil atopar en xardíns á Leptospermum scoparium, máis coñecida por Manuca ou a árbore do té que se utiliza como sucedáneo deste. É nativo de Nova Zelanda, tamén en Tasmania e o sueste de Australia. É un arbusto de tamaño mediano con brotes arquexados e flores incribles que son extremadamente atractivas para as abellas. En España pode vivir sen dificultade algunha pola súa optima adaptación na maior parte do territorio. Resiste á sequia e á salinidade e tamén pode chegar a superar temperaturas extremas de entre sete e dez graos baixo cero. Son plantas que non requiren moita dedicación e excesivos coidados, é habitual que estean libres de fungos e pragas. Prefire o sol e chans fértiles que estean ben drenados aínda que é capaz de adaptarse a substratos áridos e condicións de chans costeiros. Debe ter unha rega moderada sendo o exceso de auga un aliciente que poida provocar a morte das raíces. É un arbusto de folla perenne que se pode modelar ao gusto persoal, desde unha altura mínima ao gusto ata os quince metros que pode alcanzar, o ideal sería que crecese ao seu aire, para moldear e manter a forma. É conveniente realizar unha poda sendo recomendable retirar as ramas secas. Esta acción debe efectuarse despois da floración. As follas son simples, coriáceas, mates, moi pequenas, alongadas e acabadas en punta xeralmente verdes. As matas son densas e moi ramificadas, formadas por talos leñosos especialmente finos. Son olorosas. Ten unha floración branca e rosada, con flores de 2 cm de diámetros. A floración acontece de abril a xuño. En canto á reprodución, realízase mediante pugas semileñosos no verán. Emprégase en medicina natural polas súas propiedades antimicrobianas, uso ornamental e culinario.