Teis, a nosa realidade

Falar de Teis é sempre falar dun barrio que se vai facendo día a día. Que tivo e ten que soportar como todos e todas as crises, as pandemias, os esquecementos, e todo o que é ten pasar unha zona na que conviven, se relacionan e desfrutan miles de homes e mulleres. Agora cando un ano xa rematou e estamos a comezar outro, son épocas nas que uns e outros fan balance do que ten acontecido. Uns e outros botan a mirada atrás para lembrar aquelo que merece a pena lembrar celebrar, e aquelo que é mellor esquecer e non citar. Pero os barrios, as cidades se constrúen e se fan co bo e co malo, co que serviu para medrar e co que nos fixo algo de dano. Toda a historia tense que vivir e contar co seus lados malos e cos bos. Teis non é diferente a outros lugares de Vigo, pero si é especial, porque é o noso, onde vivimos e onde medran os nosos fillos, onde nos relacionamos, onde compramos, onde xogamos, onde estudamos e sobre todo onde queremos e onde amamos. Teis é o noso fogar e como fogar que o é nos acolle día a día nos abre as súas portas para darnos todo aquelo que nos fai mellores e máis felices. Botemos sempre unha vista ao pasado, pero para poder construír mellor o futuro, miremos atrás pero para avanzar cara adiante y lembremos o negativo para valorar máis todo o positivo que temos. Agora comezaran a vir os que nos van pedir que confiemos, os que nos van a ofertar todo o que queiramos e moito máis, pero en Teis sabemos distinguir quen está aquí en quen vén de visita. En Teis sabemos quen nos bota unha man e quen nola quita. Sabemos quen se preocupa por nós e quen nos ignora. En Teis temos unha historia na que vivimos diferentes etapas e diferentes realidades, en Aquí Teis sabemos o que se ten pasado e o que ten costado levantar o que hoxe temos a base de esforzo, de traballo e de unidade. Teis, a nosa realidade, a nosa casa, ten futuro por diante, temos capacidade de seguir medrando e temos todas as ganas do mundo de converter este barrio nun lugar mellor para vivir. Agora que chega o frío do inverno e temos que abrigarnos para quentarnos, miremos tamén ao ceo do que está por vir, para que nunca perdamos a capacidade de analizar e de acoller a todos aqueles que nos teñen acompañado no noso camiñar. Dicía un gran poeta nuns fermosos versos que musicou Serrat “caminante no hay camino, se hace camino al andar”. Engadimos nós: veciños e veciñas, non hai futuro, faise o futuro ao camiñar, ao loitar e ao confiar no que somos e no que queremos.