O cuartel da garda civil de Teis estaba formado por tres membros e un cabo que facía ás funcións de comandante do posto, pero para casos importantes solicitaban a colaboración de membros da falanxe e japistas (Xuventudes de Acción Popular) que actuaban como forzas “paramilitares” xa que tiñan licenza para interrogar, torturar e asasinar. Non tiñan que xustificar as súas accións diante das autoridades porque os informes que se realizaban nunca serían investigados polos xuíces. Xuíces que sempre para eses sucesos eran militares na reserva. Neste caso sería o comandante xuíz Luís de Vicente Sasiain. Os responsables do asalto a casa de Ángela e José foron o cabo da garda civil de Teis Ramón Vázquez, ao que se lle unen o sarxento do posto de Lavadores Miguel Marcos e o capitán Gumersindo Salinas. Tamén participan os falanxistas José Fernández de Castro, natural de Viana do Castelo (Portugal) de 63 anos e residente na 2a Travesía da rúa Taboada Leal, que resulta ferido. Así o resalta o artículo publicado por “El Pueblo Gallego, no seu falecemento en novembro de 1943. “Fue un voluntario de los primeros momentos de nuestra Cruzada, como militante de la Falange, portándose en todo momento como fiel soldado cumplidor exacto de la misión a él confiada. En los primeros encuentros con el enemigo fue herido de un tiro en el pecho, demostrando en aquella acción su espíritu y su valentía.” Un dos seus fillos traballaba na notaria de Fernando Poveda Martín, dirixente importante da falanxe española tradicionalista onde ocuparía varios cargos de responsabilidade como subdelegado provincial do Estado para Prensa e Propaganda, sendo gran admirador de Adolf Hitler,e mais adiante sería nomeado delegado provincial de Xustiza e Dereito. Tamén participaron e rodearon á casa: Anibal Gil Godoy, mecánico tamén pertence á falanxe que enferma de tuberculose e non consegue praza para o seu ingreso no sanatorio Rebullón, falecendo o 21 de setembro de 1938. Un sarxento das J.A.P de apelido Carrasco. O cabo da falanxe Manuel Vidal Vázquez, natural de Madrid, pero residente en Vigo na rúa Roupeiro. Francisco Ulloa Sanz, tamén falanxista que leva consigo ao seu fillo Francisco Ulloa Pereira de 23 anos. José Velo Temes, funcionario do Banco de España casado cunha sobriña do bispo Eijo Garay que tiña a súa residencia na zona da Calzada, fillo do notario Casimiro Velo da Viña. E por ultimo o mozo Leopoldo Varela Cárdama militante japista que con só 17 anos estaba considerado como suficientemente maior para poder levar armas e participar neste tipo de operacións. Ante o fracaso da operación de coller aos fuxidos que paraban na casa de Ángela e saíndo o falanxista ferido, a garda civil as paga co matrimonio, xa que segundo os veciños as torturas a que foron sometidos foron brutais. Chegouse a comentar que Ángela puidera ser violada diante do seu marido, e que levalos ata a Guía só fora unha escusa para poder aplicarlles a “Lei de fugas”, xa que os golpes dados na súa casa foron mortais. Todo isto se supón, xa que non tiña ningunha lóxica que despois dos golpes que recibiran na súa casa, o sarxento de Lavadores Miguel Miguel Marcos os sacara de noite pechada, e menos que ábolos dous tentasen escapar no estado no que se atopaban, e custodiados polos gardas civís. Dicíase que un falanxista do Toural moi coñecido no barrio sentía orgulloso polo escarmento que se acabada de realizar: “merecían a morte”. “El sargento avanzó acompañando al matrimonio en dirección al fondo de la Guía, lugar circundado de bosque, y avanzados unos cien metros empezaron a dar voces y salir huyendo en demanda de los huidos, en un día luz de crepúsculo matutino, determinando por parte del jefe fuerza, los requerimientos precisos a la obediencia, que fueron desatendido disparando sobre ellos, cayendo muertos como resultancia del fuego de la patrulla encargada de su custodia.” O que fose noso veciño durante moitos anos Gerardo González Martín, ao que este xornal dedicoulle unha merecida homenaxe despois do seu falecemento, polo seu inmenso labor na divulgación da historia de Vigo, nun dos seus libros escribe do conserveiro José Curbera Fernández esposo de Fermina Alonso Lamberti, propietarios do chalé “ Mirasol” na Guía onde moi cerca do peche da súa gran parcela mataron ao matrimonio. “En la zona de la Guía, gentes que vivían en el barrio por aquellos tiempos, aseguran que unos días antes de morir Curbera tuvo noticia directa de cómo habían sido masacrada una pareja, cuyos cuerpos habrían sido abandonados en un paraje próximo a su domicilio. Aquella gente sencilla, que todavía hace poco tiempo nos hablaba con admiración de la sensibilidad del conservero, asegura que después de aquel desagradable incidente, José Curbera guardo cama y ya no se recuperó. Cierto o no, la tradición oral denota cuando menos la estima en que le tenían los vecinos de la zona. Fontes Históricas: Fontes impresas El Pueblo Gallego. Causa Sumarial. Bibliografía Abad Gallego, X.C, Héroes o Forajidos, Instituto de Estudios Vigueses,2005. González Martín , G, 18871981 Titanes del Viguismo en una Ciudad Discriminada, Institutos de Estudios Vigueses, 2007.
