Doce establecementos hostaleiros do noso barrio competiron nesta nova cita coas súas propostas gastronómicas, a un prezo de 2,50 euros por tapa A cita consolídase na axenda da cidade -non deixou de organizarse nin en época de pandemia
Como xa vén sendo tradición, a Asociación de Comerciantes de Teis organizou un ano máis a súa “Ruta de Pinchos”, que contou en esta décima edición cun total de doce propostas gastronómicas. Un evento que logrou consolidarse na axenda da cidade, e que non deixou de organizarse nin en época de pandemia. Polbo, hamburguesa, croquetas, orella ou variedades como unha torta fría foron só algunhas das tapas que confeccionaron os doce hostaleiros participantes na “Ruta de Pinchos”. A cita arrincou o pasado 1 de setembro e foi presentada polo alcalde Abel Caballero no Mercado de Teis, onde valorou a “calidade excepcional” dos petiscos e puxo en valor a relación calidade-prezo das propostas que participaron na edición deste ano. O evento gastronómico do noso barrio prologouse ata o pasado 17 de setembro. Tres semanas de tapeo que tiveron como obxectivo mostrar o potencial que ten a oferta comercial e hostaleira de Teis”. Ao peche deste número aínda non foron publicados o nome das tres tapas gañadoras, que serán elixidas polo público.












