Aquí Teis co noso deporte: Club Voleibol Xuvenil Teis, o voleibol como paixón desde 1986

Vimos repetido ao longo da nosa andaina, que neste xornal nos comprace sempre que nos enviedes as vosas cousas, os vosos eventos e todo aquelo que teña que ver coa vosa actividade. Sempre o publicaremos xa que a vocación de Aquí Teis sempre foi e será estar ao servicio do noso barrio.
Hoxe facémonos eco da
información que unha xogadora deste emblemático club nos enviou. Quen en Teis non coñece a este club de voleibol que tanto prestixio e dedicación lle ten dado a moitos nenos e nenas deportistas.
Coidadores ao máximo da canteira, educando sempre nos valores do respecto da convivencia e da disciplina deportiva, o Club Voleibol Xuvenil de Teis leva xa moitos anos inculcando o valor do deporte e do esforzo.
Velaquí un pouco de historia e de actualidade tal e como nos enviou esta xogadora. Grazas pola túa información e ao club lle reiteramos que estas páxinas están para o que precisedes.
O Club Voleibol Xuvenil Teis fundouse en 1986 no norte de Vigo. Aínda que durante unha etapa da súa historia tivo unha sección masculina en todas as súas categorías, na actualidade está integrada integramente por equipos femininos.
Nos primeiros pasos do
club, centros educativos de Teis como o C.I.P. Paraixal e o I.E.S. Teis aportaron xogadores ao equipo. Co paso do tempo, pouco a pouco foron incorporando deportistas de toda a cidade, en parte grazas ás Escolas Deportivas que a entidade xestiona en colexios e institutos de distintas zonas.
Xuvenil Teis é un club xuvenil, polo que traballan todas as categorías. Comezan en alevíns, seguindo toda a traxectoria en categorías inferiores dende infantil, cadete, xuvenil, júnior ata chegar ao equipo sénior.
Actualmente todas as súas categorías participan nas Primeiras Divisións Galegas.
Ademais, esta tempada, o primeiro equipo da Primeira División Nacional traballará para lograr un bo rendemento e manter a súa praza para o próximo ano.
Desde Aquí Teis desexámoslles moita sorte e presentamos aos seu corpo técnico