Aprobado o proxecto para a reconstrución da piscina municipal de Teis

Dous lumes inutilizaron as instalación fai quince meses

Unha das noticias máis esperadas e demandadas polos veciños do barrio tras o incendio do 29 de maio de 2022, que se produciu na planta baixa da piscina, no cadro da electricidade do recinto, provocando danos materiais graves, que afectaron a varias zonas comúns das instalacións que quedaron inservibles para o seu uso e práctica deportiva, privando desta infraestrutura a 1.200 usuarios. Case quince meses despois, a Xunta de Goberno Local aprobou o “Servizo de redacción do proxecto de mellora da piscina municipal de Teis”, paso previo para adxudicar o proxecto que permitirá reparar todos os danos causados polo lume. Esta decisión abre a porta a que a instalación poida volver abrirse a curto prazo grazas a un investimento de 84.118,50 euros.