Un ano máis comezamos o mes de setembro coa rutina anual de comezar un novo curso. Este próximo 11 de setembro comezan todas as etapas educativas non universitarias: o novo curso 2023/2024. E como nos últimos anos comezamos con cambios e máis cambios. Se hai moi poucos anos comezabamos os cambios pola aplicación da LOMCE, promulgada no 2013, agora comezamos novos cambios diante da aplicación da LOMLOE. Este curso afecta xa aos cursos pares tanto de Primaria como de Secundaria. Pais e docentes se preguntan unha e outra vez cando se poñerán de acordo os nosos políticos para establecer un gran pacto sobre o ensino que perdure ao longo do tempo, por riba de cores políticas e ideoloxías, como se fai noutros países de Europa. Como é posible poder avaliar ou saber se un sistema educativo funciona ou non, se cando hai cambio de goberno se cambia inmediatamente? Non estamos diante dunha grande irresponsabilidade por parte dos que gobernan unha e outra vez? Non se está a xogar co desenvolvemento educativo e coa educación integral do alumnado, so por intereses partidistas ou de rendibilidade política? Este curso se aplican as novas normas aos cursos de 2o,4o e 6o de educación Primaria, aos cursos de 2 e 4o da ESO e a 2ode Bacharelato. Nestes cursos van cambiar os contidos e mesmo tamén as horas que se van a dedicar a cada materia. Incluso aparecen materias novas dependendo do curso, sobre todo na ESO. Tamén cambian todos os libros de texto dos cursos que se aplican este curso, para adaptalos ao novo currículo que se instaura na LOMLOE. Outra das novidades que xa puidemos comprobar ao fin do curso pasado, é a supresión das probas extraordinarias de setembro. Unha medida esta que non deixou de traer certa polémica. Moitos opinan que cortar unha oportunidade ao alumnado con algunha materia pendente, pode traer consigo máis alumnos e alumnas repetidores e tamén se opina que ter que prepara toda unha materia en só quince días de xuño non facilita a preparación axeitada desa materia. Por outra banda hai quen aplaude esta decisión opinando que o curso debe rematar en xuño, e que na época estival o alumna- do debe dedi – carse a activi- dade lúdicas que o axuden a complementar a súa formación recibida durante o curso, e a desconectar. Sexa como sexa o novo curso está aquí. Os entendidos di que é moi importante os comezos. É moi importante comezar a establecer desde os primeiros días uns hábitos de estudio sistemáticos e a realización dunha p r o g r a m a c i ó n semanal, para que o alumno estableza os seus tempos dun xeito permanente. Desde Aquí Teis queremos desexar un bo comezo de curso; ao alumnado para que desde o primeiro minuto teña o ánimo e a concentración necesaria para que todo vaia ben e que os resultados sexan os merecidos. Para os pais/nais para que acollan con paciencia estes inicios, con todo o que leva aparellado: máis gastos, costa de setembro… Sorte coa tarefa tan importante que é a de educar e enfocar o traballo dos seus fillos e fillas. E claro, aos docentes desexarlles tamén un bo comezo de curso. Eles e elas son os alicerces de todo o sistema educativo. Loitando moitas veces contra a incomprensión dos que lexislan e coa falta de autoridade que se pon de manifesto hoxe en día. En fin a todos e a todas feliz curso e animo. Un especial recordo aos centros educativos do noso barrio, que son moitos e moi bos. Lembrar que todas aquelas actividades que realicedes e queirades que teñan reflexo nestas páxinas, non tedes máis que envialas ao noso correo e serán todas publicadas.
