A asociación de comerciantes de Teis celebrou a Semana de Galicia

A asociación de comerciantes do barrio acolleu, con motivo da festividade do 25 de xullo, a celebración da actividade Semana de Galicia, unha iniciativa impulsada para promover diversas actuacións de música tradicional en plena rúa e poñer en valor a cultura galega. Os Gaiteiros Mar de Foro, Pardavila, Os Seixas, os Gaiteiros de Corisco e o Grupo Folclórico Andarela, entre outros, animaron as rúas do noso barrio ao longo dunha semana repleta de música. Parabéns por esta iniciativa do noso comercio local.