Un repaso pola nosa cultura, literatura e tradicións
Dese Aquí Teis queremos achegarvos algúns elementos para que coñezades mellor a nosa lingua e o seu correcto uso, así como algunhas pinceladas sobre a nosa cultura literaria.
Nas últimas décadas do século XII vai aparecendo o que se chamaría a lírica trobadoresca. Desta lírica son as cantigas de amigo, de amor, e de escarnio que eran acompañadas nas cortes por diversos instrumentos.
Destacaban as figuras do trobador, que era un membro da nobreza que acompañaba con algúns instrumentos as cantigas que el compoñía.
E tamén a figura do
xograr: eran os que interpretaban as cantigas que compoñían os trobadores, algúns deles chegaron tamén a compoñer.
As cantigas de amigo A protagonista é unha muller, ou sexa nestas cantigas a narradora e unha voz feminina. Unha muller moza que é a amiga, que fala do que sinte polo seu amigo, o seu namorado.
Destacamos neste tipo de cantigas as de Martín Codax ou as de Meendinho.
As cantigas de amor
Nestas cantigas é un home o que fala e que expresa os sentimentos diante da súa amada. O namorado se presenta submiso diante da súa amada.
Destacan Pero da Ponte ou D. Denís de Portugal.
As cantigas de escarnio e maldicir
Son cantigas nas que se reflicten burlas, bromas e chanzas entre os xograres e os trobadores. Son cantigas nas que se mesturan o equívoco a ironía e a parodia.
Podemos citar a Afonso Eanes do Cotón ou a Johán García de Guillade.
No apartado da nosa
lingua hoxe imos falar de como temos que facer o plural das palabras. Tamén dalgunha circunstancia que ten que ver co feminino e masculino. Así temos que: – Palabras que rematan en vogal ou vogal + n: engaden -s.
Neno- nenos, caixón- caixóns.
– Palabras rematadas en -r ou -z ou -s agudas: engaden -es-.
Luz-luces, autobús-autobuses, traidor- traidores.
– Rematadas en s graves, esdrúxulas, en -ns agudas ou rematadas en -x. Permanecen igual. Lapis- os lapis, mércores- os mércores, luns- os luns.
– Palabras rematadas en -l monosílabas ou graves: engaden -es. Sol- soles, útilútiles.
– Palabras rematadas en -l que sexan agudas: cambian o -l por -is. Portal- portais.
Tamén para finalizar neste apartado por hoxe queremos facervos unha pequena consideración sobre un aspecto do feminino que moitas veces pode levarnos a confusións.
A terminación -á representa sempre ao feminino e a terminación -án ao masculino. Así diremos: María é a miña irmá ou ela e unha cidadá. Pero diremos: Lois é o meu irmán ou el é
un cidadán.
Nada máis neste número. Practicade estas cousas ao voso xeito, para mellorar entre todos e todas o uso da nosa lingua.
