Feira pola inclusión: Ventos Galegos

A finais do pasado mes de maio, a Fundación da Santa Cruz de Teis e o alumnado do Ciclo Superior de Integración Social do colexio San José da Guía, organizaron a Feira pola Inclusión Social co Nome “Ventos Galegos”.
Un total de 44 residentes participaron na exposición dos diferentes talleres e 30 alumnos do Ciclo Superior de Integración Social do colexio San José da Guía.
A feria contou cun total de 73 persoas organizadoras.
Destacar que o evento contou coa visita de entidades sociais de Vigo como Provivienda e Feafes.
Tamén, coa visita e participación de Yolanda Aguiar Castro, Concejala de Política Social de Vigo.
O redor de 80 persoas viandantes tamén foron participes do evento, en moitas ocasión parándose e participando.
Os obxectivos da Feira pola inclusión son visibilizar o traballo realizado durante 5 meses polos alumnos e os residentes de Casa de acollida, facer participe o Barrio de Teis das actividades dos residentes -que na súa maioria teñen patoloxias de saúde mental-, mellorar a autoestima dos pacientes e crear vínculos con outras entidades sociais como Feafes e Provivenda.
Sobre a Fundación da Santa Cruz de Teis Situada no barrio de Teis, traballa para protexer ao maior número de persoas que viven en situacións de exclusión e promover a súa integración social e independencia persoal.