Os valores contaminantes regulados polo Real Decreto sobre calidade do aire afectan a centros nos que viven preto de 25 millóns de persoas
Xa se advertiu que coa entrada do novo ano 2023, concretamente a partir do 1 de xaneiro, entrou en vigor a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética aprobada en 2021 para todos os concellos de máis de 50.000 habitantes e tamén para os de máis de 20.000 que superan os niveis máximos de contaminación, tamén denominados ZBC (Zonas de Baixas Emisións). Con frecuencia escoitamos falar da contaminación porque se trata dunha alteración negativa do estado natural do medio ao introducir substancias ou outros elementos físicos que o fan non apto para o seu uso. O medio pode ser un ecosistema, un medio físico ou un ser vivo. Todos estes compoñentes poden causar enfermidades, danar o medio ambiente e tamén os ecosistemas. Hai bastantes axentes contaminantes que poden ser unha substancia química, enerxías e tamén entre elas como: calor, son, luz, radioactividade, etc. Ante estes contaminantes, xérase unha contaminación atmosférica relacionada coa queima de combustibles fósiles como: carbón, petróleo, gas… A combustión destas materias primas prodúcese no proceso ou na explotación dos sectores industriais e do transporte por estrada. Dos 149 concellos españois que teñen máis desa poboación veranse afectados por esta nova normativa de loita contra o cambio climático, o que suporá que neste ano 2023 os coches con distintivos ambientais B e C que se poderán conseguir nas oficinas de correos, no Web da DXT e nos talleres autorizados. É conveniente ter en conta o sistema de rotulación da Dirección Xeral de Tráfico para comprender o funcionamento da nova normativa e, sobre todo, para coñecer o que corresponde ao noso vehículo. En España hai aproxima- damente 11,5 millóns de vehículos que circulan polas cidades obriga- das a ter zonas ZBE A etiqueta de cero emisións (azul) son os coches eléctricos con batería BEV, os coches eléctricos de autonomía extendida REEV, os coches eléctricos híbridos enchufables PHEV que teñen unha autonomía de polo menos 40 km son os que menos contaminan. A etiqueta ECO atópase na maioría dos vehículos híbridos, a gas ou ambos, ademais os elementos enchufables cunha autonomía inferior a 40 km son híbridos non enchufables, coches que funcionan con gas natural ou licuado. En canto á etiqueta C (verde), é para vehículos matriculados entre 2016 e vehículos diésel a partir de setembro de 2015. Vehículos de máis de 8 prazas e vehículos pesados tamén desde 2014. As motocicletas e ciclomotores tamén levarán a etiqueta en lugar visible. A etiqueta B (amarela) é para vehículos matriculados a partir do 1 de xaneiro de 2001 e diésel a partir de 2006, así como para vehículos de 8 prazas tanto en gasolina como diésel matriculados a partir de 2006. A etiqueta B tamén identifica as motocicletas e ciclomotores segundo a normativa. Sen etiqueta (ou etiqueta A), correspóndese co resto de vehículos, vehículos de gasolina anteriores a 2001 e vehículos diésel anteriores a 2006 considerados altamente contaminantes e non levan a etiqueta da DXT. Estes distintivos ambientais da DXT son unha forma de cualificar os vehículos en función da eficiencia enerxética, puntual e separada, existen diversos tipos de contaminación dos que falaremos a continuación como a contaminación das augas aerotransportadas do solo e do subsolo radioactivo técnico visual luz acústica flora e alimentación fauna etcétera, etcétera. Os accesos ás zonas ZBE deberán estar sinalizados: ingresar neles con coches que non estean permitidos, sancionaranse con multas As ZBE son áreas delimitadas dentro das cidades onde se aplican restricións ao acceso á circulación e ao estacionamento de vehículos contaminantes para aliviar as emisións de gases de efecto invernadoiro e mellorar a calidade do aire. A pesar da obriga, son poucos os concellos que a principios de 2023 cumpren coa normativa, é moi complexo xa que hai que pres tar un servizo para poder continuar coas actividades que se van desenvolver nesas zonas. Os vehículos que acceden están controlados por cámaras que identifican a matrícula a través de lectores. En Galicia, a cidade de Pontevedra xa cumpre coa orde do Real Decreto. Os accesos a estas zonas deberán estar identificados cun sinal que conteña as etiquetas dos vehículos autorizados ou excluídos. Trátase dunha zona na que se limita a entrada, circulación e estacionamento de determinados coches co fin de reducir a contaminación e mellorar a calidade do aire vinculadas ás esixencias da OMS; estas restricións poden abarcar todo o día e días, aplicarse por intervalos ou contemplar excepcións, por exemplo, por cuestións laborais a criterio de cada concello, que son libres de fixar a contía da multa, aínda que é lóxico que opten pola que establece a Dirección Xeral de Tráfico coa reforma da Lei de Tráfico en marzo de 2022, por exemplo, por un importe de 200 € que como en todas as sancións, se opta polo pronto pago, redúcense nun 50% pero supón renunciar a un posible recurso.
