Estamos a poucos díasde comezar, como quen di, a nosa rutina anual. A normalidade estivo parada por mor do verán, das vacacións, das altas temperaturas e sobre todo porque nestas datas sempre aproveitamos para facer actividades e cousas que normalmente non podemos, inmersos no noso estrés diario.A principio do mes desetembro, volvemos a ter outra vez todo o que de costume nos rodea día a día.O contacto coas xentes de sempre, os mesmos horarios de sempre que marcan a nosa rutina e as mesmas actividades, que cambiamos unicamente coa chegada dos fins de semana. De novo asistimos á mesma historia de sempre. O período após das vacacións resúltanos a miúdo, difícil de afrontar.E chega como non, á volta ao colexio, e con esta, a preocupación de pais e nais en canto ao comezo do curso, non só polos gastos extras que isto produce, senón tamén pola incerteza de como lles irá en canto aos resultados académicos. Moi importante desde o principio será volver a coller os hábitos de traballo, e iniciar cos nosos fillos e fillas unha planificación do seu tempo, tanto de traballo como de lecer.E neste momento, queremos incidir no control das redes socias. Un verdadeiro problema en moitos casos e que está a ocasionar serios danos e prexuízos na educación dos nosos adolescentes, e tamén na sociedade en xeral.Diversos estudios e traballos realizados por especialistas, teñen apuntado a problemas de visión, alteracións do sono, irritabilidade, falta de comprensión e demais, entre os mozos e mozas que pasan horas e horas utilizando os dispositivos que serven como canais a estas redes.Ademais destes problemas de índole físico, hai que engadir os prexuízos sociais e os problemas de conducta que tamén arrastran o mal uso ou un uso excesivo das redes. Os nosos mozos e mozas están a perder unha porcentaxe elevada de socialización e de estratexias comunicativas polo abuso do Whats, do Instagram ou outras fórmulas que incluso utilizan para comunicarse cando están xuntos presencialmente.O ciberacoso está tamén á orde do día, hai quen apoiándose no anonimato presencial e na falta de contacto físico, aproveitan para arremeter contra outras persoas e incluso facéndoo en grupo. As consecuencias do abuso e o mal uso de Internet están sendo moi habituais. Serios problemas teñen acontecido entre persoas que chegan a límites de adición, que máis tarde teñen que resolverse coa axuda de profesionais.Pero antes de chegar a eses extremos, teremos que tomar en serio este problema e tomar as medidas precisas para poder prevelos e que non nos cheguen a afectar.O papel dos pais e nais é fundamental, xa que logo son eles os que poden marcar e regular a utilización das redes. Cada vez a idade dos nenos e nenas que utilizan estas redes en tempos abusivos é menor. Téñense dado casos de adición e de problemas de sono e problemas ópticos en nenos de entre sete e oito anos. Está claro que nestes casos a responsabilidade maternapaterna é total. Temos que regular o uso dos móbiles e poñer horarios concretos para a súa utilización.Non podemos caer natrampa, nin nas chantaxes emocionais de pensar que se o meu fillo ou filla non anda cun móbil é menos cos demais ou vai sufrir algún tipo de discriminación.Non queremos dicir que estea mal que un adolescente teña móbil; este pode ser un instrumento moi útil se o utilizamos con cordura e con sentido.Tamén as adminis-tracións deben tomar medidas valentes neste sentido. Non se pode permitir que as redes sociais se poidan utilizar para calumniar, infamar ou mesmo insultar ás persoas. Non entendemos tampouco porque non se ditan medidas claras e contundentes para reducir ou mesmo prohibir o uso destes dispositivos nos centros escolares sen o consentimento e a tutelas dos axentes educadores.En definitiva, estamos diante dun fenómeno que pode traer moitas consecuencias negativas se non poñemos regras e control para a súa utilización. O avance científico ten que servir para elevar a calidade de vida da cidadanía, para poñer nas nosas mans instrumentos que nos fagan máis fácil a nosa existencia e nunca pode significar un medio para complicarnos a nosa relación cos demais e para dificultar a nosa vida.
