O noso colaborador Jesús Carrera presenta o libro “Dos líneas que se juntan”

O escritor local e colaborador do xornal Aquí Teis, Jesús Carrera Álvarez, publica unha lectura ao redor da Guerra Civil, que reflexiona sobre a poboación rural galega durante a primeira metade do século XX.
Dúas familias partiron coa esperanza de prosperar e probar fortuna en América como unha inmensa maioría, debido á falta de traballo e miseria na que se vivía en España.
A decisión foi dura, deixar atrás toda unha vida, non foi fácil.
Pasados uns anos e xa de regreso en España, e despois de tanto desacordo político, onde medio país ignoraba ao outro, ou estaba en contra, estala a guerra.
Juan e Daniel, son chamados a filas, aínda que comezan xuntos, a medida que ía pasando o tempo, o destino fíxolles tomar camiños diferentes enfrontándose por separado á maior catástrofe que pode sufrir a sociedade, unha Guerra Civil.