Os nosos tesouros: a Praia da Punta

Un dos valores que máis caracterizan a unha comunidade ou a un colectivo, é do saber recoñecer e preservar os seus sinais de identidade.
Coidar os seus tesouros e as súas riquezas.
Teis ten dabondo de todo isto e por iso desde Aquí Teis queremos ir poñendo número a número aquilo do que nos debemos sentir orgullosos e orgullosas e aquilo que por riba de todo temos que preservar, para nós e para os que nos sigan.
Praia da Punta
A praia da Punta é mais coñecida dentro das 10 que compoñen o litoral de Teis.
Tamén coñecida como Punta Areiño, esta praia caracterízase por unha gran extensión de area que a conforma, a cal únicamente é visible no momento no que a marea está máis baixa.
Durante a baixamar, pódese gozar dun bo paseo polo areal que queda descuberto mentres é rodeado polo mar, un gran areal de 50 metros de longo e 8 de ancho.
Praia semiurbá, da nosa parroquia de Teis, localizada ao norte do monte da Guía, cuns 50 metros de lonxitude.
Composta por cantos e areas.
As baixamares deixan ao descuberto un gran banco areoso que segundo as mareas cubre na súa totalidade. Lugar moi frecuentado polos nosos veciños e veciñas e tamén por moitos vigueses en xeral.
Conta cun gran paseo marítimo iluminado e desde onde se poden contemplar unhas inimaxinables vistas da ría de Vigo.
Unha praia para convivir e para desfrutar do mar e da paisaxe de xeito relaxado. Sen as grandes aglomeracións doutras praias máis concorridas, e saboreando o singular arrecendo a mar e a peixe, xunto co aire que máis fresco que cálido se mezcla no ambiente.
A praia da Punta é sen dúbida o escenario propicio para escribirmos ou unha historia de mariñeiros intrépidos ou duns amantes que se atopan perdidos nun océano calquera.
Unha praia que mes-
mo puido ser a inspiradora daquelas famosas verbas do noso trobeiro singular Martín Códax, cando falaba das ondas do mar de Vigo.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!