Se o diñeiro circula acábase a crise

Fai xa bastante tempo atopamos una pequena historia que nos fixo reflexionar sobre o importante que é que os cartos circulen, pero que circulen nos nosos entornos para que deste xeito todos nos beneficiemos, como ocorre no lugar onde se desenvolve a historia que pasamos a relatarvos. A hipotética acción transcorre nunha cidade costeira de calquera lugar ou país desenvolvido, coa consiguiente industria do lecer e o descanso, preparado para o que se aventuraba como outra tempada estival de ingresos -desexados e previstos- tan necesarios para manter as súas economías durante o inverno, sóavos próximo?, bo… pois aquí empeza “o conto”: Estamos no mes de agosto nunha pequena cidade da costa, en plena tempada, cando inesperadamente cae unha choiva torrencial polo que durante varios días, a cidade parece deserta. Hai tempo que a crise vén azoutando este lugar, todos os habitantes teñen débedas e viven a base de créditos. Por fortuna, chega un ruso mafioso forrado de “prata” e entra no único pequeno hotel do lugar. Pide unha habitación. Pon un billete de 100 euros na mesa da recepcionista e vaise a ver as habitacións. O xefe do hotel agarra o billete e sae correndo a pagar as súas débedas co carniceiro. Este toma o billete e corre a pagar a súa débeda co criador de porcos. O criador de porcos sae correndo para pagar o que lle debe ao muíño provedor de alimentos para animais. O dono do muíño toma o billete ao voo e corre a liquidar a súa débeda con María, unha limpiadora á que hai tempo que non lle paga. En tempos de crises, todo se oferta a crédito. A limpadora co billete en man sae para o pequeno hotel onde se hosperada hai uns meses cando a súa casa estaba en obras e que aínda non pagara, e entrégalle o billete ao dono do hotel. Neste momento baixa o ruso, que acaba de botar unha ollada ás habitacións, di que non lle convence ningunha, toma o billete e vaise. Ninguén gañou un euro, pero agora toda a cidade vive sen débedas pendentes e mira o futuro… con confianza. Ensinanza: “Se o diñeiro circula acábase a crise”. Sirva esta sinxela historia -un pouco retocada- para ilustrar a importancia do que dicíamos. O que se gasta ou inviste aquí, queda aquí. E o que non, vaise. Todos e todas debemos colaborar para que sexa una realidade o rexurdir do noso comercia e da nosa economía en xeral.